Description
Joseph Déjacque naceu en 1821 en Paris e faleceu en 1864. De orixes descoñecidas, foi un loitador dos que loitan toda a vida. Con Ernest Coeurderoy, Déjacque foi o rebelde social máis pronunciado dos anos 1848 a 1861 e o anarquista comunista mais consciente dese tempo. Detido durante a Revolución de 1848, encarcerado e acusado de axitación sodalista. Escapou arredor de Decembro de 1851, marchando a Londres.
Estando en Jersey entre 1852 e 1853 escreveu La question révolutionaire, unha exposición do anarquismo que publicaria en 1854 en Nova Iorque.
En Nova Orleans entre 1856 e 1858 escreveu a súa famosa utopía anarquista L’Humanisphère, Utopie anarchiche. Ao voltar a Nova Iorque publica os seus libros no periódico Lê Libertaire, Journal du Mouvement social. Este xornal foi o primeiro de carácter comunista libertário, se bem esta teoría económica ainda non existia formalmente dentro do anarquismo. A sua estadía en Nova Iorque terminou cando as súas posibilidades de traballo acabaran debido à ruína económica producida polo inicio da guerra civil. Volta a Londres e logo a Paris, onde morre uns anos depois en extrema pobreza.
Déjacque non foi completamente esquecido depois da súa morte, mais os seus escritos voltáronse pronto inacesibeis, aínda que a día de hoxe constitúen unha verdadeira sorpresa pola claridade das ideas anarquistas expresadas tan cedo. É por iso que decidimos recuperar a este verdadeiro revolucionário, case non publicado mais alá da Franza.





Reviews
There are no reviews yet.