Description
En xullo de 1936, un numeroso grupo de traballadores das minas de Sanfins, en Lousame, foron protagonistas da resistencia ao golpe militar fascista na provincia da Coruña. Desde as minas de Vilacova transladáronse a Noia, despois a Compostela, mais tarde a Ordes e finalmente á Coruña, tentando facer fronte aos militares que se ergueran contra a II República.
En combate con tropas regulares con armamento e preparación militar, os sindicalistas da CNT de Sanfins só contaban coa dinamita que usaban no seu traballo de mineiros e, apesar de todo, foron quen de manter a resistencia por varios días e recuperar parte da cidade da Coruña nos combates polas rúas. Unha vez derrotados unha boa parte deles aínda fixo parte das iniciativas de resistencia aos militares alzados, tanto nas tropas republicanas como, máis tarde, nas organizacións clandestinas e na guerrilla antifranquista.





Reviews
There are no reviews yet.